Emisión ao desconto

Prodúcese cando o valor se emite baixo o par (a un prezo inferior ao seu valor nominal), e na data de vencemento o emisor entrega o nominal íntegro. A diferenza constitúe a rendibilidade obtida polo investidor, xa que nos valores emitidos ao desconto non se produce aboamento periódico de xuros. As letras do Tesouro e as obrigas de pagamento de empresa estarían dentro deste tipo de emisión.