Dividendo en accións

A repartición do dividendo pode coincidir cunha operación de capital. Neste caso, os valores de repartición de beneficio e de ampliación poden ser os mesmos, co que se trataría dun aumento do capital liberado con cargo a beneficios. Tamén se pode dar o caso dunha ampliación de capital en parte con cargo a beneficios e en parte con desembolso en efectivo. Así mesmo, poden provir da repartición de accións procedentes da autocarteira da sociedade. Implica unha redución de reservas e un aumento do capital social.