Dilución

Diminución no valor teórico das accións en circulación dunha empresa, cando se amplía capital sen prima de emisión (é dicir, ao par ou a un prezo inferior ao valor de mercado). Ao non haber prima, as reservas da sociedade manteñen o mesmo importe que antes da ampliación, pero teñen que repartirse entre un maior número de accións, polo que o seu valor teórico se reduce. Este efecto é o que xustifica a concesión aos accionistas do dereito de subscrición preferente.