Desvalorización

Operación financeira realizada por decisión da autoridade monetaria dun país, pola que se procede a reducir o valor da cotización da moeda propia fronte ás estranxeiras, é dicir, que, a partir da desvalorización, haberá que pagar máis unidades monetarias nacionais para adquirir unha unidade monetaria estranxeira. Os efectos da baixada do tipo de cambio son similares aos producidos por unha depreciación. O que diferencia ambas as operacións é o axente que as leva a cabo: o mercado deprecia, o goberno desvaloriza.