Débeda amortizable

É unha das formas máis comúns de financiamento e captación de recursos do Estado, das administracións territoriais e doutros organismos públicos. A característica principal da débeda amortizable, a diferenza da perpetua, é o compromiso do emisor á súa amortización, isto é, ao reembolso aos subscritores do nominal e os xuros dos títulos ao termo dos prazos establecidos.