Desdobramento ou split

Consiste no desdobramento do valor nominal das accións dunha sociedade, nunha proporción determinada. É dicir, o número de accións multiplícase e o prezo de mercado destas divídese, na mesma proporción. En xeral, esta operación ten como obxectivo proporcionar maior liquidez aos valores dunha sociedade; aínda que a operación non ten incidencia desde o punto de vista económico-financeiro, posiblemente conta con certo efecto psicolóxico, pola diminución do prezo das accións.