Derivado

Un derivado é un instrumento financeiro cuxo valor depende (ou deriva, de aí o seu nome) do valor doutro activo, denominado subxacente.

Os subxacentes poden ser moi diversos: tipos de xuro, accións, divisas, índices financeiros, materias primas, etc. Pódense utilizar para cubrir o risco do prezo do subxacente ou para rendibilizar a súa variación.

A contratación dos derivados pódese realizar dentro dos mercados financeiros organizados (derivados cotizados) ou fóra deles (neste último caso, coñécense como derivados OTC ou derivados over the counter).