Derivado cotizado

Un derivado cotizado é un derivado cuxa contratación ten lugar dentro dun mercado financeiro organizado. As condicións destes derivados veñen xa establecidas polo propio mercado.

Os mercados financeiros organizados de derivados adoitan dispor dun sistema de depósitos en garantía e unha cámara de compensación, de maneira que o risco de crédito asociado a eles é inferior ao dos derivados OTC.