Depósito bancario

Que é un depósito bancario? Os depósitos bancarios a prazo son produtos de aforro en que o cliente entrega unha cantidade de diñeiro a unha entidade de crédito durante un tempo determinado. Logo de transcorrer ese prazo, a entidade devólveo, canda a remuneración pactada. Os depósitos bancarios máis comúns son os de xuro fixo. A súa rendibilidade, o beneficio, mantense invariable ata finalizar o prazo do depósito.

O tipo de xuro nominal ou TIN é a rendibilidade que ofrece o banco polo diñeiro investido nun depósito durante un determinado prazo. O habitual é que o banco ofreza un tipo de xuro maior ao contratar un depósito cun prazo máis alto. A taxa anual equivalente ou TAE é a rendibilidade efectiva do depósito, xa que inclúe os xuros, gastos e comisións, o que permite comparar produtos de diferentes entidades bancarias.

No seguinte vídeo contámosche que é un depósito bancario, como funcionan os xuros, os conceptos clave dos depósitos a prazo e os tipos de depósitos que existen. Aprende como se fai o cálculo da súa rendibilidade e que gastos asociados poden ter.

Que é un depósito bancario?