Delta

Delta é a medida que representa a sensibilidade da prima dunha opción ante variacións da cotización do activo subxacente. Indica canto varía a prima da opción cando a cotización do activo subxacente aumenta en 1 euro. Unha delta elevada en valor absoluto implica unha maior sensibilidade da prima da opción ante movementos da cotización do activo subxacente. A delta dunha opción representa a velocidade de cambio da prima.

Tamén pode ser considerada como a probabilidade que ten a opción de ser exercida ao vencemento, é dicir, a probabilidade de que a opción teña valor intrínseco ao vencemento.