Curva cupón cero

Curva que relaciona os tipos de xuro de contado cos seus prazos de vencemento; indica a rendibilidade que o mercado estaría esixindo en cada prazo, para un activo libre de risco. Elabórase a partir de instrumentos sen risco de crédito (débeda pública) emitidos ao desconto ou con cupón cero, de xeito que a duración do agregado coincide con cada un dos prazos (polo tanto, non existe risco de prezo nin de reinvestimento).