Coeficiente alfa

Coeficiente que indica o risco asociado a un valor concreto, debido ás súas propias características, en relación co conxunto do mercado. Utilízase para a avaliación da xestión dunha carteira na que se compara o rendemento obtido por esta co rendemento obtido para un determinado parámetro de referencia, como pode ser un índice bolsista. Un alfa positivo indica que o xestor obtivo un rendemento superior ao do índice