Código de bo goberno

Conxunto de recomendacións sobre os principios e normas que deberían inspirar o regulamento dun consello de administración e que resulta de cumprimento voluntario, aínda que recomendado para as sociedades cotizadas. Estes códigos establecen un conxunto de normas éticas para o bo funcionamento dos consellos de administración das sociedades.