CNMV

Comisión Nacional do Mercado de Valores. Entidade española de dereito público e con personalidade xurídica propia, creada pola Lei de reforma do mercado de valores de 1988, que ten entre as súas funcións as de ordenación, supervisión e inspección, tanto con respecto aos mercados de valores como á actividade das persoas físicas e xurídicas, que se relacionen con eles. Está rexida por un consello, en cuxa cabeza hai un presidente nomeado polo Goberno.