Chartismo

Técnica de análise bolsista baseada no estudo das figuras que forman os prezos, como indicador da tendencia que poden seguir no futuro. Neste sentido, a análise técnica, ademais de observar as figuras, efectúa operacións estatísticas e matemáticas cos prezos e os volumes negociados, para determinar e detectar as súas tendencias.