CESR

(The Committee of European Securities Regulators). O Comité Europeo de Reguladores de Valores é un órgano consultivo independente dos mercados de valores mobiliarios da Unión Europea integrado por un representante de cada regulador nacional do mercado de valores. Creouse no ano 2001 e as súas principais funcións son asesorar a Comisión Europea sobre medidas de execución nos mercados, realizar consultas previas ás partes interesadas e promover a aplicación consistente e homoxénea da lexislación europea por parte dos supervisores nacionais.