Cash-flow

O termo anglosaxón “cash-flow” (fluxo de caixa) fai referencia ás dispoñibilidades financeiras ou de tesouraría da empresa. O seu aumento ou diminución mostra a capacidade para xerar riqueza. É un concepto que se adoita utilizar como parámetro bolsista en substitución do beneficio, sobre todo cando este está distorsionado por elevados resultados extraordinarios, políticas contables conservadoras, amortizacións e provisións fiscais, etc.