Capitalización bursátil

Prezo global de todas as accións dunha compañía que cotiza en bolsa, referido a unha data determinada. É o valor que outorga o mercado a unha empresa. Ese prezo ou valor obtense ao multiplicar o número de títulos dunha empresa polo último prezo dos títulos (núm. de títulos x prezo de cotización). A suma da capitalización dos valores que se negocian nun mercado constitúe a capitalización bolsista deste.