Burbulla especulativa

O fenómeno das burbullas especulativas pódese dar en todo aquel mercado no que o prezo se determine libremente pola confluencia das ofertas e demandas. Esta situación dáse cando, ante flutuacións nos prezos, estas son consideradas excesivas, sobrepasando as flutuacións normais e facendo aumentar a volatilidade dos prezos por riba da que é habitual.