Bonos

Valor de renda fixa con vencemento entre 5 e 10 anos emitido por unha entidade pública ou privada, no que o investidor coñece a rendibilidade de antemán e ao vencemento, o emisor devolverá o capital máis uns xuros que se pagarán de forma periódica. En xeral, emítense ao portador e son negociados en bolsa.