Bonus cupón cero

Bono que non ten pagamento periódico de xuros, senón que estes son percibidos na súa totalidade no momento do pagamento da amortización. Trátase de títulos con rendemento implícito e cuxa rendibilidade se encontra na relación entre os seus valores de amortización e de emisión. Durante a vida da emisión, a cotización no mercado secundario irá aumentando no importe dos xuros corridos, de xeito que, chegado o momento da súa amortización, o seu valor tende ao valor de amortización.