Blindaxes

Acordos tomados polas xuntas xerais de accionistas das sociedades anónimas, polas que se modifican os estatutos societarios co fin de establecer limitacións ao dereito de voto dos accionistas (ata unha porcentaxe determinada, con independencia do capital que posúan), ou de fixar maiorías moi reforzadas para modificar os devanditos acordos de limitación. A súa finalidade é salvagardar a composición do Consello de Administración e asegurar o control efectivo da sociedade por parte dun accionista ou grupo de accionistas, xa que unha eventual OPA non podería prosperar sen o seu apoio.