Asignación

Termo empregado nas emisións de valores. Cando a cantidade demandada polo público supera a oferta, hai que realizar unha asignación ou reparto dos valores entre os solicitantes. Tamén se denomina rateo, e adoita realizarse segundo normas preestablecidas nas condicións da emisión.