Aplicación de valores

Operación sobre valores negociados en bolsa, que consiste na compra e venda simultánea dun mesmo valor, a través dun só intermediario bolsista, pola mesma cantidade de títulos e ao mesmo cambio. En España, a regulación das aplicacións recóllese no RD 1416/1991 sobre operacións bolsistas especiais e transmisións extrabolsistas de valores cotizados e cambios medios ponderados, e a Orde Ministerial do 5 de decembro de 1991 sobre operacións bolsistas especiais. O sistema de contratación dunha aplicación sería o de viva voz en roda, e as operacións de signo contrario só poderían casar se nese momento non existen contrapartidas ao mesmo prezo ou a outro máis favorable. Porén, a norma permite que se realicen aplicacións fóra do horario e do sistema habitual de contratación, se se cumpren unha serie de requisitos de prezo e volume, e se se procede á súa comunicación inmediata ás autoridades supervisoras do mercado.