Apancamento financeiro

Nos mercados de valores, fai referencia ao feito de que con pequenas cantidades de diñeiro pode realizarse un investimento que se comporta coma outro dun volume moi superior. Por exemplo, é o que ocorre ao adquirir opcións ou warrants: pagando unha pequena cantidade (a prima), o investidor ten a posibilidade de obter o mesmo resultado que se comprase ou vendese valores cuxo volume de mercado é moito maior. Mentres chega o vencemento da opción, o investidor pode obter rendibilidade do diñeiro que aínda non tivo que desembolsar para a adquisición dos valores. Así, un investimento en warrants pode ser moito máis rendible que o mesmo investimento no subxacente, se os mercados evolucionan favorablemente á súa posición; pero a cambio aumenta o risco, e a posibilidade de perder todo o investimento se a evolución non é a esperada.