Ano base

É o que se toma como inicio na elaboración dunha referencia, xeralmente un índice. Os índices son instrumentos que resumen nun só dato o comportamento de múltiples magnitudes homoxéneas ou agregables (cotizacións, etc.) a partir dun momento dado (ano base), ao que se asigna un valor inicial.