Análise fundamental

Método de análise no que se trata de establecer a realidade económica e financeira dunha empresa. Baseándose na análise financeira (contas anuais) e na análise económica (conxuntura económica, evolución dos mercados, evolución do sector, etc.), ten como finalidade determinar o valor obxectivo da empresa.