Axencia de valores e bolsa

Son empresas de servizos de investimento (ESI), que actúan como intermediarios nos mercados financeiros españois. As axencias de valores poden tramitar ordes de compra ou venda de valores por conta dos seus clientes, pero non están habilitadas para operar por conta propia. Ademais da recepción, transmisión e execución de ordes por conta allea, poden ofrecer servizos de asesoramento sobre investimentos en valores negociables ou outros instrumentos, mediar nas emisións e ofertas públicas de venda, levar o depósito e administración de valores negociables e outros instrumentos, etc...