Administración dunha carteira de valores

Actividade desenvolvida polas sociedades de servizos e entidades financeiras depositarias de títulos, consistente na custodia e xestión dos dereitos económicos dos valores que constitúen unha carteira. Abarca o conxunto de actividades relativas ao tratamento material dos títulos: cobramento de xuros, cobramento de dividendos, subscricións, depósito de títulos, etc.