Acción vella

É a acción normal que se negocia no mercado. O propietario destas accións ten dereito a todos os beneficios económicos (dividendos) e con elas pode adquirir accións novas grazas ao dereito de subscrición preferente, inherente a estes títulos.