Acción rescatable

Pouco habituais no mercado español. Accións que poden ser amortizadas ou rescatadas pola sociedade emisora a solicitude desta, dos accionistas, ou de ambos os dous. Nos acordos de emisión fíxanse as condicións para o exercicio do rescate. No caso de que só o emisor teña o dereito de rescate, este non se poderá exercitar senón a partir dos tres anos da emisión das accións. As accións rescatables deberán ser integramente desembolsadas no momento da subscrición.