Acción liberada

Accións que se entregan aos accionistas con cargo a reservas cando a empresa leva a cabo unha ampliación de capital. No caso de ser liberada ao cen por cento, o accionista non efectuará ningún desembolso, mentres que se só fose liberada nunha porcentaxe con relación ao nominal (“parcialmente liberadas”), o accionista satisfará unha parte do desembolso, e quedará cuberta a parte restante pola sociedade.