Listaxe de posibles destinos

  • Estes son os proxectos que poderás financiar co Préstamo Eficiencia Enerxética
    • Iluminación: Incorporación de tecnoloxía led.
    • Calefacción e auga quente: Inclúense todas as caldeiras de condensación, ademais de sistemas de climatización, calefacción e ventilación, sempre que estes últimos estean nunha das dúas clases de eficiencia enerxética máis elevada.
    • Control e automatización: Iluminación, climatización e instalación de detectores de ocupación e presenza para iluminación, apagamento e acendido automático das instalacións.
    • Illamento: Melloras no illamento das instalacións (fachadas, cubertas…), incorporación de illamento adicional ao existente ou instalación de xanelas de dobre ou triplo encristalamento.
    • Electrodomésticos: Adquisición de electrodomésticos de gran volume (excluídos microondas e pequenos electrodomésticos); deberán ter unha das dúas clases de eficiencia enerxética máis elevada.
    • Mobilidade: Adquisición de vehículos eléctricos, híbridos enchufables, instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos, bicicletas (con e sen motor) e patinetes eléctricos.
    • Paneis solares: Instalación de paneis solares para autoconsumo.