Sen comisión, utilízaa só cando che vaia ben
A tarxeta non ten comisión de emisión e mantemento para ti. Poderás tela sen que che custe nada e utilizala só cando a precises: para reservar as túas viaxes, alugar coches ou pagar ao mes seguinte en momentos de máis gasto.
Recupera o 2% do que pagues con ela
Devolvémosche o 2% do importe de todas as compras que fagas coa tarxeta durante o primeiro ano. Para iso, tes que facer polo menos unha compra durante os primeiros 150 días ao darte de alta. Cada mes recibirás o reembolso na túa conta BBVA, despois de pagar o recibo da tarxeta.
Sube a outro nivel de seguridade
Coa seguridade Aqua, ninguén máis poderá usar a túa tarxeta. Só ti podes ver o número desde a app e ademais o CVV cambia con cada pagamento online.
Compra en Internet sen preocupacións
Se o teu pedido non chega ou non é o que esperabas, axudarémosche a reclamar o diñeiro ata 180 días despois de faceres a compra.
Viaxa cun extra de tranquilidade
Se estás noutro país e non encontras a tarxeta, poderás retirar efectivo en menos de 2 horas e recibirás unha nova tarxeta ao día seguinte.
Fracciona calquera compra en 3 meses sen xuros
Poderás dividir calquera pagamento superior a 50 € en 3 prazos mensuais sen xuros (0% TIN, 0% TAE). Por exemplo, unha compra de 1.500 € devolveríala en 3 cotas mensuais de 500 €.
E devolve o que gastases como prefiras
Podes pagar o total do que gastes en compras o día 5 do mes seguinte sen xuros ou adiar unha cantidade fixa do total que gastases.