Conta Online para mozos

Estudantes e universitarios

Unha conta para esquecerte de pagar comisións

  • 0 € Sen comisión por mantemento. (1) 
  • 0 € Sen comisión por administración.
  • 0 € Sen comisión por transferencias desde bbva.es, app BBVA e caixeiros. (2)

Tamén coa túa tarxeta de débito

  • 0 € Sen comisións por emisión ou mantemento.
  • 0 € Sen comisións por dispor de diñeiro en efectivo a débito de caixeiros BBVA.

En caixeiros internacionais si terás unha comisión do 4,50 % sobre a cantidade que saques (comisión mínima: 3,5 €).

Chégache un pagamento e non tes diñeiro na conta?

O tipo de xuro anual por descuberto tácito (cando o banco che fai un anticipo ao sacares diñeiro da conta, ou se carga un recibo, sen que haxa saldo suficiente) será do 7,25 % TIN (3) 

A comisión por descuberto tácito en conta será de 4,5 % (importe mínimo 15 €). Calcúlase sobre o saldo máximo debedor do período de liquidación da conta (3). E o gasto por regularización de descuberto será de 0 € se é inferior a 18 € e de 30 € se é superior a 18 €

(1) TAE: 0,00 %

(2) En bbva.es, app BBVA e caixeiros non pagas comisións nas túas transferencias en euros, coroas suecas ou en lei (RON) romaneses dentro do ámbito do Espazo Económico Europeo (membros da Unión Europea + Islandia, Liechtenstein e Noruega). Non incluídas as realizadas en soporte magnético, transferencias urxentes, OMF (orde de movemento de fondos), transferencias valor vía e transferencias inmediatas. Para as transferencias non incluídas serán de aplicación os conceptos complementarios e gastos de transferencias establecidos para estes fins.

(3) A TAE resultante de aplicar os xuros debedores e a comisión de descuberto está limitada legalmente para o "consumidor" e non pode superar 2,5 veces o xuro legal do diñeiro. Calquera modificación do tipo de xuro legal do diñeiro suporá un cambio automático na TAE aplicada nos descubertos.

Nota 1: ​Polas retiradas de efectivo mediante tarxeta en caixeiros automáticos pertencentes a unha entidade distinta do Grupo BBVA en España en euros, o BBVA repercutirá o mesmo importe da comisión cobrada pola entidade titular do caixeiro ao BBVA. Ese importe será indicado pola entidade titular do caixeiro antes da retirada de efectivo mediante tarxeta.