Tarxeta Aqua Débito para Menores
A partir dos 12 anos, terán a súa propia tarxeta de débito sen comisión, física ou dixital, coa que poderán:
- Pagar en tendas e restaurantes cando fagan plans.
- Comprar en Internet de forma máis segura, pois o seu CVV cambiará con cada pagamento en liña para evitar posibles fraudes.
- Pagar noutros países coma se estivesen aquí. Ata os 18 anos aforrarán a comisión por tipo de cambio e por retirar efectivo ata 3 veces ao mes en caixeiros.
- Retirar efectivo sen comisión nos máis de 4.500 caixeiros BBVA en toda España.
- Engadila ao móbil para levala sempre enriba sen medo a perdela.
Tranquilidade para ti:
- A tarxeta ten bloqueado o pagamento en sectores non adecuados para menores (xogos en liña, apostas, casinos, criptomoedas…). Así garantimos un uso responsable, alén de cumprirmos coa normativa.
- Ademais, vén con límites de gastos prefixados que, como representante, poderás configurar desde a túa aplicación sempre que o precises.
- Se nalgún momento se perde, pódese bloquear desde a túa app.
- Ao estar asociada á conta, ti poderás supervisar o uso en todo momento desde a túa área privada ou a túa app.
Tarxeta física ou dixital?
Cando abras a súa conta, poderás escoller o formato de tarxeta que prefires. Se escolles a dixital, asegúraste de que a levan sempre no móbil e non a perden. Se, por se acaso, tamén queres a física, poderás pedila máis adiante sen custo.