Atendemos os teus recibos

O servizo Atiendo é unha vantaxe por ser cliente do BBVA polo cal calquera recibo domiciliado que teñas na túa conta do BBVA (ata 300 €) é atendido aínda que non teñas saldo suficiente para atendelo. 

Entre los requisitos, los cuales serán detallados más adelante, es necesario tener el servicio de descubierto activo, por lo que, los recibos atendidos de esta forma se le aplicarán las comisiones e intereses establecidos en el servicio de descubierto. 

Exemplo: Tes 50 € de saldo na conta. Chega o recibo do gas por un importe total de 340 €. En vez de devolver o recibo por non ter saldo suficiente, o BBVA acepta o cargo e avísate para que ingreses diñeiro na conta. A túa conta terá saldo negativo de -290 € (a diferenza entre o saldo que tiñas e o importe do recibo) ata que realices un novo ingreso na conta. Aínda que o importe total do recibo sexa de 340 €, este recibo aténdese, pois non supera o máximo de saldo negativo autorizado. Se realizas un ingreso durante o día en curso para volver a saldo positivo, este servizo non ten ningún custo. No caso de que durante o día non consigas volver a saldo positivo, aplicaranse as mesmas comisións e xuros xa establecidas para o servizo de descuberto tácito do teu contrato de conta.

Como funciona?

  • O servizo Atiendo está activado por defecto en todas as túas contas BBVA que teñan o servizo de descuberto activo.
  • Funciona en calquera conta do BBVA en que poida domiciliarse un recibo.
  • Sempre que recibas un novo cargo domiciliado, revisamos se tes saldo dispoñible para atendelo. Sexa do emisor e do tipo de recibo que for.
  • No caso de que o importe do recibo sexa superior ao saldo na conta, o BBVA atende o recibo. É dicir, non devolve o recibo e permite pagalo para non xerar un problema co emisor.
  • Serás avisado de forma instantánea de que o recibo foi atendido e que necesitas ingresar diñeiro, xa que a conta ten saldo negativo.
  • O BBVA atende os teus recibos sempre que non xeren un saldo negativo máximo de 300 €. É dicir, sempre que a diferenza entre o saldo dispoñible e o recibo non xere un saldo negativo na conta de máis de 300 €.
  • Este servizo queda enmarcado no servizo de descuberto tácito e, en caso de uso, aplicaranse as comisións e xuros establecidos nel.

Quen o ten dispoñible?

O servizo Atiendo está dispoñible para todos os clientes do BBVA que teñan:

  • Nómina, pensión ou subsidio de desemprego domiciliado nalgunha conta do BBVA por un importe igual ou maior a 600 € mensuais, ou
  • Hipoteca no BBVA, ou
  • Préstamos persoais no BBVA
  • Produtos no BBVA con saldo total conxunto de polo menos 3000 €.

Quedan excluídos os clientes que estean en situación irregular ou demora, ou en listas de fraude, ou teñan embargos por un importe superior a 1.000 €.