Descubre como se xera a túa pegada de carbono

Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.

Enviar un correo electrónico xera 4 g de dióxido de carbono

Que produce esas emisións?

A electricidade que consomen os dispositivos desde os que se envían e se reciben, así como os servidores que os distribúen e os almacenan. Os correos electrónicos persoais e do traballo poden chegar a emitir ata 50 g de dióxido de carbono se conteñen arquivos adxuntos pesados.

Que podes facer para reducilas?

Evitar subscribirte a listas de distribución de correos que non che proporcionen un verdadeiro valor e procurar incluír en copia dos teus correos unicamente as persoas que realmente poidan estar interesadas nas mensaxes. 

No BBVA creamos a primeira calculadora de pegada de carbono persoal

Se xa es cliente noso, descubre canto dióxido de carbono xeras co teu consumo de gas, electricidade e combustible desde a sección de Sostibilidade da app BBVA.

Queres saber máis sobre a pegada de carbono e como reducila?