Descubre como reducir a túa pegada de carbono

Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.

Escoller o medio de transporte máis eficiente

Conseguirías que a túa mobilidade fose máis sostible.

Como reducir o consumo de combustible?

Facer unha viaxe en coche eleva substancialmente as túas emisións de carbono, especialmente se viaxas en solitario.

Ten en conta estas ideas á hora de planificares os desprazamentos nas viaxes: 

  • Utiliza o tren e o autobús para medias e longas distancias.
  • Escolle tren cando sexa posible, pois as emisións son case 10 veces máis baixas que as do avión. Nun traxecto entre Madrid e Barcelona o avión emite 140,8 kg de carbono e o tren 18,4 kg.
  • Comparte coche con máis persoas, así o impacto individual será menor. 
  • Aluga un vehículo con poucas emisións no teu destino se o necesitas para desprazarte. 

Levando a cabo estes cambios conseguirás reducir o impacto das túas viaxes e farás que a túa mobilidade sexa máis sostible.

Ver máis consellos

No BBVA axudámosche a financiar os teus proxectos para aforrar enerxía