Como funciona a aerotermia?
Nunha instalación de aerotermia distintos elementos traballan de maneira conxunta para que teñas a temperatura adecuada e contes con auga quente sanitaria cando o precises:
- Bomba de calor: Captura a enerxía do aire e quéntao (calefacción) ou arrefríao (refrixeración).
- Acumulador de auga: instálase no interior para cubrir as necesidades de auga quente.
- Auga quente sanitaria (AQS): a temperatura pode chegar ata os 75 ºC e a produción pode incrementarse un 50%.
- Calefacción e refrixeración: Podes quentar a casa mediante radiadores ou piso radiante e refrescala cun sistema de refrixeración que non utilice gas.
- Conexión: todos os equipamentos instalados están interconectados por unha interface para coordinar a actividade.
- Monitorización: o dispositivo con pantalla táctil permite controlar todo o sistema; tamén o podes facer cunha app.