Orzamentos
Mantén os gastos baixo control con Orzamentos
Como funciona a experiencia Orzamentos?
-
Manteres o control dos teus gastos mensuais é fácil e cómodo con "Orzamentos". Establece a cantidade máxima que queiras gastar ao mes en calquera das categorías ou subcategorías (lecer, transporte e viaxes, moda e beleza, fogar).
Segundo vaias facendo pagamentos, o importe destes irase descontando da cantidade que marcases como límite. Para non excederes o orzamento, recibirás avisos cando superes unha determinada porcentaxe.
Unha ferramenta para medires facilmente a evolución dos teus gastos
O teu banco no móbil coa app do BBVA
Se aínda non a tes, descarga a app do BBVA e accede á experiencia Orzamentos a través do panel de saúde financeira, situado no menú inferior dentro da túa posición global.