Como podo saber cal é a miña oficina?

Como cliente, podes acceder a calquera oficina. Mostrámosche os pasos que tes que dar para saber cal é a cabeceira.
Como cliente do BBVA, podes acudir a calquera oficina para a maioría das xestións. Porén, se queres coñecer cal é a túa oficina de cabeceira, aquí especificámosche os pasos que debes seguir.

Tes xestor

  1. Accede á túa área privada en bbva.es
  2. Introduce as túas claves de acceso
  3. Accede ao apartado “O meu Xestor” (no menú superior azul da cabeceira)
  4. Selecciona a opción “Pedir quenda en caixa”
  5. Na parte inferior dereita encontrarás un recadro coa información da túa oficina
  1. Accede á túa Área privada na app BBVA
  2. Introduce as túas claves de acceso
  3. No apartado “O meu xestor” (na parte inferior cunha icona de persoa) selecciona a opción “Pedir quenda en caixa”
  4. A opción principal corresponde á túa oficina de cabeceira

Non tes xestor

  1. Accede á túa área privada en bbva.es
  2. Introduce as túas claves de acceso
  3. Accede ao apartado “Atención ao cliente”(no menú superior azul da cabeceira)
  4. Selecciona a opción “Oficinas e caixeiros”
  5. No buscador introduce as posicións 9 a 12 que figuran no teu número de conta bancaria
    • Exemplo: ES600182 9465 69 0206224622 → as posicións 9-12 serían: 9465
  6. O primeiro enderezo corresponde á túa oficina principal
  1. Accede á túa Área privada na app BBVA
  2. Introduce as túas claves de acceso
  3. No apartado “Contacta co BBVA” (na parte inferior cunha icona de persoa) selecciona > Pedir quenda en caixa
  4. No buscador introduce as posicións 9 a 12 que figuran no teu número de conta bancaria
  5. O primeiro enderezo corresponde á túa oficina principal