Como adapto o meu comercio á normativa PSD2?

O BBVA axúdate a adaptares o teu negocio á nova directiva de pagamentos en liña.

A PSD2, nova directiva de servizos de pagamento na Unión Europea, cuxas normas técnicas reguladoras (RTS) comezarán a ser aplicadas no día 14 de setembro, busca potenciar as compras en liña en Europa e incrementar a confianza do usuario fronte a elas. Para conseguilo, e como medida prioritaria, pretende reforzar a seguridade en cada transacción bancaria, modificando a identificación e autenticación do cliente a través da implantación de novos mínimos marcados pola coñecida como SCA (ou dobre autenticación). 

Esta define os procedementos que se levarán a cabo á hora de realizar cada pagamento. Ata agora, unicamente era preciso o uso dun contrasinal. Coa entrada da nova normativa PSD2 será obrigatorio realizar unha autenticación que inclúa 2 ou 3 factores de entre os seguintes: algo que se coñece (por exemplo, o contrasinal), algo que se ten (por exemplo, o móbil) e algo que se é (por exemplo, a impresión dixital ou o rostro). 

Báner Superior Biometria Báner Superior Biometria
Unifica a túa operativa na app do BBVA
Fai todo o que necesitas desde o móbil de forma fácil e cómoda.
Un procedemento que aplicarán todos os provedores de servizos de pagamento que actúen no Espazo Económico Europeo e ao que se deben adaptar tamén os comercios, asegurando a súa plataforma de pagamento para que conte coa capacidade para procesar esas transaccións seguras e reducir, así, o risco de que os clientes reclamen operacións por posible fraude. No caso de non se producir esta actualización, corren o risco de que os bancos emisores das propias tarxetas deneguen a compra (algo que non sería beneficioso para eles).

Como se adapta a plataforma de pagamentos á nova directiva?

En función do comercio, e da conexión que utilice para procesar as operacións do seu TPV virtual, as modificacións poden ser ou non necesarias. Se a resposta é afirmativa, poderán contar co BBVA. Levamos tempo a traballar para pormos a disposición de todos eles as ferramentas necesarias para estar aliñados coas medidas solicitadas pola PSD2 en relación ás compras en liña. 

En primeiro lugar, adaptamos a configuración do noso TPV virtual para que os comercios que se comuniquen coa pasarela de pagamentos por redirección non deban modificar a integración deste para operar conforme á normativa. Farémolo nós por eles. 

Se, en cambio, levan a cabo esta conexión usando unha conexión Host to Host (directa entre empresa e entidade bancaria) deben realizar pequenas actualizacións nas que os axudaremos en todo momento. Poden optar por unha opción máis sinxela que consiste en redirixir a operación á pasarela de pagamentos (ao TPV virtual) ou, senón, poden adaptar a propia conexión Host to Host e manter unha xestión propia e completa do fluxo de cada operación. En ambos os casos, recibirán toda a axuda por parte do BBVA. 

Sexa cal for o novo escenario, e para adaptarse por completo ao que vén, tamén se creou unha versión actualizada do protocolo EMV 3DS de compra segura, que incorpora a obrigatoriedade de enviar novos campos de programación en cada transacción, evitando posibles fraudes. Cada provedor de servizos de pagamentos dispón de adaptacións propias.

Báner Central Biometria Báner Central Biometria
Descubre a Banca en liña de O BBVA
Aproveita todas as funcionalidades que che ofrecemos e que che permitirán realizar as túas operacións diarias desde o móbil.

Débense aplicar sempre as medidas derivadas da SCA?

Tanto para particulares como para comercios, a seguridade é prioritaria para o BBVA. Levamos moito tempo a traballar para darlles as mellores medidas de protección para o seu diñeiro e os seus datos grazas ás cales evitamos que teñan que recorrer á SCA. 

Un feito que no caso dos comercios pode cambiar, xa que debido á complexidade e o impacto que ten para os consumidores e os comercios, éstáse elaborando un plan que deberá ser validado coa autoridade nacional para determinar cando vaise a cumprir cos requisitos da autenticación reforzada (SCA) en comercio electrónico establecidos na devandita normativa europea.

CTA Biometria CTA Biometria