Trucos para aforrar diñeiro todos os meses

Aforrar é fácil se sabes como

Cantas veces pensaches que aforrar é imposible? E en cantas delas o intentaches sen un plan previo? Aínda que pareza unha utopía, aforrar en tempos de crise é máis fácil do que pensas. Se segues unha serie de pasos, e tes moita fortaleza (ao principio non che resultará fácil), podes reducir os teus gastos nunha porcentaxe significativa, exceptuando aqueles que sexan fixos. Á parte destes, calquera pagamento que poidas evitar convértese nun aforro polo que de ti, e de canto esteas disposto a deixar de consumir, depende obter un mellor ou peor resultado.

Desde o BBVA sabemos o complicado que é conseguir unha boa conta de aforros. Por iso, querémosche ofrecer estes trucos para aforrar diñeiro todos os meses, que che axudarán, tamén, a manter unha economía equilibrada. Adiante, está nas túas mans!

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Organízate, será máis fácil

Cando te enfrontas ao obxectivo de aforrar, o primeiro que tes que facer é organizarte ben. Isto supón ter claro canto ingresas e canto queres gardar, en función dos teus gastos fixos. A partir de aquí, podes comezar coa planificación. Deixámosche os nosos seis consellos cos que o terás un pouquiño máis fácil:

  • Establece un orzamento: marca un obxectivo de aforro e, con base nel, establece unha cantidade para gastar cada mes. Deberás cumprir con ela xa que calquera descoido che pode saír moi caro.
  • Consigue as mellores ofertas: desde a chegada de Internet, comparar prezos é máis fácil ca nunca. Cunha simple procura poderás ver que páxina che ofrece a mellor calidade-prezo sobre o produto que necesitas. Tamén existe unha morea de comparadores que che poden facilitar a tarefa.
  • Evita o consumo compulsivo: os caprichos non contemplados no teu plan, dá igual que sexan grandes ou pequenos, son os que poden romper todos os avances que consigas. Debes loitar contra a compra innecesaria e reflexionalo ben pasadas unhas horas.
  • Coidado coas compras en Internet: aínda que poidas encontrar grandes descontos navegando pola rede, compra só cando verdadeiramente che faga falta. Comprar sen necesitalo, aínda que estea a moi bo prezo, vólvese un gasto compulsivo.
  • Conserva os ingresos extra: todos os ingresos adicionais que teñas no mes non deben ser tomados como un plus para os teus gastos. Consérvaos e farás que a túa bolsa de aforro creza máis. Ademais, se che xorde un imprevisto, poderalo afrontar sen que a túa conta de aforro se vexa moi afectada.
Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Onde podo gardar os meus aforros?

Chegou o momento de decidir onde meter o diñeiro. Se estás a pensar en gardalo debaixo do colchón, animámoste a contemplares outras opcións. E é que, ademais de non estar seguro ante calquera catástrofe ou, tamén, ser un aliciente para os ladróns, non xera xuros ao mesmo ritmo que o IPC (índice xeral de prezos de consumo) polo que irás perdendo poder adquisitivo segundo este vaia aumentando.

Por iso, e para estares tranquilo con respecto aos teus aforros, contas con outras alternativas. Unha delas é a Conta Metas BBVA que, ademais, che axuda a conseguir eses obxectivos de aforro que marcaches. Entre as súas vantaxes está que non ten ningunha comisión de administración nin mantemento e que podes dispor dos teus aforros sempre que os necesites.

Como viches, reducir os teus gastos e mellorar a túa economía non é unha misión imposible. Se te convences a ti mesmo e segues estes trucos para aforrar diñeiro todos os meses, acabarache resultando unha tarefa moi sinxela.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta