Renda vitalicia
Renda vitalicia é un tipo de seguro de vida en que o asegurado paga unha prima única (achega económica) á compañía de seguros, e a cambio recibe unha cantidade de diñeiro periódica garantida ata o momento do seu falecemento.
Renda vitalicia tamén é unha das modalidades de cobramento que teñen algúns produtos de aforro ou investimento como os plans de pensións.