Cupón cero
Emisións de bonos e obrigas en que non se pagan xuros durante a vida do bono ou obriga, xa que estas se van reinvestindo, polo que a rendibilidade se produce como unha plusvalía constituída pola diferenza entre o valor de emisión e o de reembolso, que non se poderá facer efectivo ata o vencemento.