Compravenda con opción
É unha operación bolsista a prazo en que calquera das partes ten o dereito a esixir a entrega ou recepción (segundo o solicite o vendedor ou o comprador) dun número de valores da mesma clase, en igual número ou múltiplo dos que son obxecto da operación inicial, e todo mediante unha diferenza ao seu cargo respecto do cambio cotizado para o mesmo valor a prazo en firme. Actualmente este tipo de operacións está prohibido na nosa bolsa.