Comisión de apertura

Cando asinas co banco o contrato para a apertura dun préstamo ou crédito, aplícase esta comisión para cubrir os gastos que xeran os trámites administrativos para a sinatura da operación e posta á túa disposición do diñeiro. Adoita pagarse no momento en que se asina.