Banda de flutuación
Desde o punto de vista da análise técnica, fai referencia á zona ou intervalo en que se move a cotización dun valor durante un determinado período de tempo. O límite inferior adóitase chamar soporte e o superior, resistencia. No ámbito do mercado de divisas refírese ao espazo dentro do cal pode flutuar ou moverse unha determinada moeda nos seus tipos de cambio con relación á súa paridade.