Baixista

Referido a un mercado, indica que se espera unha caída de prezos ou cotizacións e, en consecuencia, unha suba nos tipos de xuro. As expectativas de caída dos prezos incitan a vender, o que reforza tales expectativas.